VENTAXAS DOS LIBROS DIXITAIS:
- Actualízanse con facilidade
- Algúns permiten a búsqueda de información sobre os contidos ou autor
- Non afectan ao medio ambiente
- Algúns teñen audio
- Non limitan o espazo
- Os libros dixitais con opción de imaxe motiva aos cativos
¿ E TI, QUE OPINAS?
8 comentarios:
Como que non afectan ao medio ambiente? E logo non son máis contaminantes as baterías de litio que a tala de árbores?
Así me gusta Manuel, que sexas un lector crìtico e non tomes como verdade absoluta todo o que aparece en internet.
Claro, muller, xa di o profe que somos peores que os alumnos del de primeiro de bacharelato, pero non será para tanto tampouco ;)
Como o placer de pasar follas non hai nada. O do libro dixital pasará á historia como un gran fracaso.
e iso de pasar follas hai que tomalo con segundas tamén?
A historia da evolución di que os que non evolucionan desaparecen, pensao ben, acepta o irremediable.
Eu acepto o irremedible pero sigo nas miñas, creo que non é máis que unha moi boa estratexia de marketing.
Eu non os vexo como unha alternativa ao papel seno como un complemento. Se necesito os manuais do programas e quero localizar rápidamente un tema concreto dun deles é moi útil o libro dixital. Ademáis pesa menos.
Se quero ler unha novela tras a cena quédome co papel.
Publicar un comentario