jueves, 24 de marzo de 2011

QUIZREVOLUTION NA BIBLIOTECA ESCOLAR

A ferramenta que maripepa e jose vos queren presentar hoxe é a páxina de elaboración de tests "QuizRevolution", podedes acceder a ela no seguinte enderezo: www.mystudiyo.com

Elaborar un grupo de preguntas convértese nunha tarefa sinxela e atractiva grazas a este creador de cuestionarios en liña no que en primeiro lugar poderemos seleccionar o deseño escollendo entre mais dunha decena de posiblidades.

A continuación deberemos seleccionar un nome para o noso cuestionario, tamén poderemos incluilo nunha categoría que o identifique e incluso engadir unha etiqueta. Na mesma pantalla poderemos engadir unha imaxe, vídeo ou texto.

Na terceira pantalla pídese que introduzamos preguntas relativas ao noso cuestionario que incluso podemos apoiar con imaxes.

Para a finalización do noso cuestionario poderemos seleccionar a visión dun marcador cos nosos resultados.

Para rematar poderemos ver o enlace: www.quizrevolution.com/ch/a139223/go para acceder ao noso cuestionario e utilzalo na rede.

O emprego desta ferramenta nunha biblioteca escolar pode proporcionarnos axuda na formación de usuarios dun xeito atractivo e moi visual, que permita achegar informacións concretas e específicas ao noso alumnado. Algunhas actividades específicas poderían ir encamiñadas a comprobar as aprendizaxes sobre catalogación, organización da biblioteca, búsqueda de fondos, etc...

Tutorial (en inglés): www.youtube.com/watch?v=MtdZ0Q5EvEo
Exemplo : http://lamunix.blogspot.com/2010/01/httpwwwmystudiyocom.html

Podedes utilizar unha ferramenta similar, pero de pago no enderezo: www.grafictest.com
Se preferides utilizar un programa no voso ordenador, entonces tedes a opción de acceder a: www.questionwritter.com

0 comentarios:

Publicar un comentario