miércoles, 30 de marzo de 2011

Paz en slideshare

Paz
View more presentations from penasroibas.

Agora non, Fernando (Slideshare)

Slideshare é unha ferramenta que serve para facer presentacións. Atopei un exemplo no blog da biblioteca almenar. Pareceume interesante tamén o contido. O seu uso na biblioteca é interesante para variar e facer interactiva a información. Outra ferramenta alternativa pode ser Prezzi da que xa falastes algúns de vós.
Auri

lunes, 28 de marzo de 2011

proba2

Outra vez Quevedo

Juan Ramón Jimenez

Algo moi sinxelo

Sin tele y sin cerveza, ¿quien no pierde la cabeza?

A vaca que puxo un ovo

Einstein

Queres saber a que sabe a lúa???

LOIS PEREIRO

Francisco de Quevedo

domingo, 27 de marzo de 2011

Prezi

Parece que é a ferramenta que máis gustou. Serve para facer presentacións directamente na rede. A forma de traballo non é como a dos programas de presentacións coñecidos. En vez de deseñar diapositiva a diapositiva imos colocando os obxectos nun gran panel.
Podemos poñer textos (facendo clic), arquivos de texto, imaxe, son... (opción insert na roda) e vídeos de Youtube. No momento de introducilos non nos preocupamos da orde en que van aparecer na presentación.
Coa opción frame imos encerrando os obxecto de cada pantalla. Por último con path imos dando a orde aos cadros.
Podemos usar Prezi para crear unha presentación a partir cun poema e imaxes. Podes elixir unha poesía en Son de poetas e buscar imaxes relacionadas co buscdor de Google. Procura que as imaxes  teñan licencia para reutilizar, por exemplo Creative Commons (no Google imos á busca avanzada e en dereitos de uso poñemos "se poden utilizar ou compartir libremente"

Recoméndasme algunha lectura?

Imos practicar con algunha das ferramentas que máis os chamaron a atención. Para empezar, que os parece facer un cartel en Glogster recomendando un libro ou un autor para ler en semana santa?

viernes, 25 de marzo de 2011

issuu

Acabo de descubrir issuu e creo que ten moitas posibilidades de aplicación nas bibliotecas escolares.

Permite subir un documento en pdf e visualizalo coma se fose unha revista dixital.

Podemos colgar a revista escolar ou calquera outra na páxina do cole ou no blog da biblioteca.

Poño enlaces con duas bibliotecas públicas que o utilizan.


http://http//www.aytoburgos.es/biblioteca/general/visor-issuu-biblioteca


http://http//issuu.com/biblioteca_elcarmeljuanmarse



Tamen para formación de usuarios.

http://http//issuu.com/bemilladoiro/docs/gu_adeaxudantesbe

jueves, 24 de marzo de 2011

Prezi

Uso del Prezi en la biblioteca

!!PREZI!!

Original, distinto,guai...

Buen recurso gratuito para tu blog .

Muchos lo usan ya.

!Animate!

En la red : curso tutorial Prezi en 15 min

Glogster

Descrición da ferramenta:

Glogster é unha ferramenta que permite combinar texto, imaxe, vídeo, gráficos , enlaces a páxinas, e a outros medios.

Utilidade no traballo da nosa biblioteca:

Presentar de forma máis atractiva a información sobre conmemoracións ou exposicións organizadas pola biblioteca.
Por outra parte, o feito de integrar diversos medios favorece a interdisciplinariedade.

Exemplo no noso blog:



Enlaces a titoriais:

http://www.youtube.com/watch?v=_TSNAuwWzq8

http://issuu.com/dolmos/docs/glogster

https://docs.google.com/View?docid=dgqwv5cr_127g7nqc8fm

Descoñecemos alternativas que integren todos estes medios

Formación de usuarios
















Aquí vai un prezi sobre formación de usuarios na biblioteca escolar e alfabetización informacional, unha ferramenta da Web 2.0 moi útil e impactante para facer presentacións, unha alternativa aos tradicionais power point ou slideshare.

LIBROS DIXITAIS


VENTAXAS DOS LIBROS DIXITAIS:
  • Actualízanse con facilidade
  • Algúns permiten a búsqueda de información sobre os contidos ou autor
  • Non afectan ao medio ambiente
  • Algúns teñen audio
  • Non limitan o espazo
  • Os libros dixitais con opción de imaxe motiva aos cativos

¿ E TI, QUE OPINAS?

Cogomelos

Quero saber quen come cogomelos vermellos

QUIZREVOLUTION NA BIBLIOTECA ESCOLAR

A ferramenta que maripepa e jose vos queren presentar hoxe é a páxina de elaboración de tests "QuizRevolution", podedes acceder a ela no seguinte enderezo: www.mystudiyo.com

Elaborar un grupo de preguntas convértese nunha tarefa sinxela e atractiva grazas a este creador de cuestionarios en liña no que en primeiro lugar poderemos seleccionar o deseño escollendo entre mais dunha decena de posiblidades.

A continuación deberemos seleccionar un nome para o noso cuestionario, tamén poderemos incluilo nunha categoría que o identifique e incluso engadir unha etiqueta. Na mesma pantalla poderemos engadir unha imaxe, vídeo ou texto.

Na terceira pantalla pídese que introduzamos preguntas relativas ao noso cuestionario que incluso podemos apoiar con imaxes.

Para a finalización do noso cuestionario poderemos seleccionar a visión dun marcador cos nosos resultados.

Para rematar poderemos ver o enlace: www.quizrevolution.com/ch/a139223/go para acceder ao noso cuestionario e utilzalo na rede.

O emprego desta ferramenta nunha biblioteca escolar pode proporcionarnos axuda na formación de usuarios dun xeito atractivo e moi visual, que permita achegar informacións concretas e específicas ao noso alumnado. Algunhas actividades específicas poderían ir encamiñadas a comprobar as aprendizaxes sobre catalogación, organización da biblioteca, búsqueda de fondos, etc...

Tutorial (en inglés): www.youtube.com/watch?v=MtdZ0Q5EvEo
Exemplo : http://lamunix.blogspot.com/2010/01/httpwwwmystudiyocom.html

Podedes utilizar unha ferramenta similar, pero de pago no enderezo: www.grafictest.com
Se preferides utilizar un programa no voso ordenador, entonces tedes a opción de acceder a: www.questionwritter.com

martes, 22 de marzo de 2011

Exercicio 1



Ferramentas que imos utilizar
Engadido o mércores 23 de marzo
Resulta que unha das ferramentas que iámos usar neste exercicio, Mister-Wong, hoxe pechou a posibilidade de crear contas gratuítas. Como é máis productivo aprender dos atrancos que lamentalos con esto vemos que unha das características dos servizos web 2.0 é a volatilidade. E para evitala temos que acostumarnos a ter copia de todos os materiais que colocamos en calquera servizo gratuíto. Sabes como facer unha copia de seguridade do teu blog?
Para facer o exercicio imos empregar Diigo en lugar de Mister-Wong. Ten a desventaxe de que non están en castelán e a vantaxe de que ofrece varias ferramentas moi interesantes, aínda que neste curso non imos velas.

domingo, 20 de marzo de 2011

Liñas do tempo

Unha liña de tempo ou cronograma é un listado de datas asociados a acontecementos que nos permiten estudiar como foi evolucionando ao longo do tempo un suceso. Seguro que vimos moitas liñas en xornais ou libros de historia: gráfico coa data do terremoto de Xapón e as de todas as desgracias posteriores, biografía dunha persoa, feitos destacados dunha guerra...
A web 2.0 proporciónanos ferramentas que permiten facer estes listados de datas máis atractivos proporcionando unha interface gráfica agradable e permitindo asociar aos acontecementos imaxes, vídeos, textos e enlaces que permiten ampliar a información mostrada. As liñas creadas con estas ferramentas poden incrustarse no blog da biblioteca.

Aplicacións na biblioteca
  • Biografías de autores.
  • Resumos de novelas ou películas, recollendo as datas dos principais acontecementos narrados enlazándoos con imaxes dos lugares.
  • Recoller as actividades desevoltas na biblioteca. Proporciónanos unha forma sinxela de enlazar os traballos feitos ao longo do tempo e comprobar a evolución da biblioteca. Tamén pode facerse un rexistro das reunións do clube de lectura.
  • Seguemento de acontecimentos, recollendo enlaces a xornais e outros medios onde se trata unha noticia.
O equipo da biblioteca do IES de Fene danos un bó exemplo do uso das liñas coa biografía de Mark Twain:
Máis exemplos:
Ferramentas para crear liñas do tempo
Para a creación de liñas temos varias ferramentas:
O profesor Fulgencio Murcia escribiu en El blog de sociales 2.0 unha serie de artigos comparando os servizos de creación de liñas máis empregados: Dipity, Xtimeline, Timerime e Timetoast. No artigo sobre Dipity hai unha táboa comparando as características das catro.

Para ampliar
Para empezar podemos ver esta colección de vídeos nos que se explica o funcionamento de Dipity. Tamén están realizados por Fulgencio Murcia.

Tamén temos outro videotitorial sobre esta ferramenta preparado poloas autoras de Blogge@ndo.
Por último recomendo unha serie de páxinas nas que se explican as posibilidades didácticas das liñas en varias materias:

miércoles, 16 de marzo de 2011

Empezando

Este é un blog de probas aberto durante o Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN que se está celebrando no CFR de Lugo durante o mes de marzo do 2011.
Aquí colocaremos os exercicios que fagamos durante as sesións dedicadas aos recursos TIC para a educación documental e o traballo colaborativo. Tamén pode ser útil como banco de probas de novas ferramentas.
¿Anímaste a escribir algo?