domingo, 20 de marzo de 2011

Liñas do tempo

Unha liña de tempo ou cronograma é un listado de datas asociados a acontecementos que nos permiten estudiar como foi evolucionando ao longo do tempo un suceso. Seguro que vimos moitas liñas en xornais ou libros de historia: gráfico coa data do terremoto de Xapón e as de todas as desgracias posteriores, biografía dunha persoa, feitos destacados dunha guerra...
A web 2.0 proporciónanos ferramentas que permiten facer estes listados de datas máis atractivos proporcionando unha interface gráfica agradable e permitindo asociar aos acontecementos imaxes, vídeos, textos e enlaces que permiten ampliar a información mostrada. As liñas creadas con estas ferramentas poden incrustarse no blog da biblioteca.

Aplicacións na biblioteca
  • Biografías de autores.
  • Resumos de novelas ou películas, recollendo as datas dos principais acontecementos narrados enlazándoos con imaxes dos lugares.
  • Recoller as actividades desevoltas na biblioteca. Proporciónanos unha forma sinxela de enlazar os traballos feitos ao longo do tempo e comprobar a evolución da biblioteca. Tamén pode facerse un rexistro das reunións do clube de lectura.
  • Seguemento de acontecimentos, recollendo enlaces a xornais e outros medios onde se trata unha noticia.
O equipo da biblioteca do IES de Fene danos un bó exemplo do uso das liñas coa biografía de Mark Twain:
Máis exemplos:
Ferramentas para crear liñas do tempo
Para a creación de liñas temos varias ferramentas:
O profesor Fulgencio Murcia escribiu en El blog de sociales 2.0 unha serie de artigos comparando os servizos de creación de liñas máis empregados: Dipity, Xtimeline, Timerime e Timetoast. No artigo sobre Dipity hai unha táboa comparando as características das catro.

Para ampliar
Para empezar podemos ver esta colección de vídeos nos que se explica o funcionamento de Dipity. Tamén están realizados por Fulgencio Murcia.

Tamén temos outro videotitorial sobre esta ferramenta preparado poloas autoras de Blogge@ndo.
Por último recomendo unha serie de páxinas nas que se explican as posibilidades didácticas das liñas en varias materias:

0 comentarios:

Publicar un comentario