domingo, 27 de marzo de 2011

Prezi

Parece que é a ferramenta que máis gustou. Serve para facer presentacións directamente na rede. A forma de traballo non é como a dos programas de presentacións coñecidos. En vez de deseñar diapositiva a diapositiva imos colocando os obxectos nun gran panel.
Podemos poñer textos (facendo clic), arquivos de texto, imaxe, son... (opción insert na roda) e vídeos de Youtube. No momento de introducilos non nos preocupamos da orde en que van aparecer na presentación.
Coa opción frame imos encerrando os obxecto de cada pantalla. Por último con path imos dando a orde aos cadros.
Podemos usar Prezi para crear unha presentación a partir cun poema e imaxes. Podes elixir unha poesía en Son de poetas e buscar imaxes relacionadas co buscdor de Google. Procura que as imaxes  teñan licencia para reutilizar, por exemplo Creative Commons (no Google imos á busca avanzada e en dereitos de uso poñemos "se poden utilizar ou compartir libremente"

0 comentarios:

Publicar un comentario